A fraga
9 septiembre 2011
A choiva devalou o teito eléctrico e como un paxaro desamparado no negror do bosque parou de súpeto. Logo arroibouse o ceo amañando a previsión de nubes e claros da vindeira mañá. Camiñabamos perseguindo a forza do río que, obstinado contra a estiaxe, labraba o terreo como unha serra de cadeas, efervescía remuiñando entre as pedras e amosáballe ás árbores a súa cara espectral.
